O BOP publica hoxe a convocatoria do procedemento de selección, mediante sistema de oposición, para a contratación de 5 peóns para a limpeza de praias no municipio. Unha contratación a xornada parcial, por un período de tres meses na modalidade de contrato de traballo temporal por obra ou servizo determinado. Un proceso que servirá tamén para a constitución dunha bolsa de traballo para contratacións durante os tres próximos anos.
Para aspirar aos postos é preciso ter cumpridos os 16 anos, ser español/a ou dun estado membro da UE, estar en posesión do titulo de ESO ou Graduado Escolar e estar en posesión do certificado de lingua galega (CELGA 2) ou, na súa ausencia, superar unha proba de coñecemento do idioma galego. As bases poden consultarse na sede electrónica do Concello de Noia: https://noia.sedelectronica.gal. O prazo de presentación das solicitudes será de 10 días, a contar a partir de mañá mércores 5 de xuño.