A sede da Deputación da Coruña acolleu o acto de entrega de trofeos aos gañadores da II edición do Circuíto Provincial de Carreiras Populares, que este ano sumou un total de 18 competicións en outros tantos concellos da provincia. A vicepresidenta Mariel Padín, así como alcaldes dos municipios con probas incluídas neste circuíto, asistiron á gala, que contou ademais con diversos representantes da Federación Galega de Atletismo.