Friday 22 de November de 2024

O Concello de Lousame convoca un novo curso gratuíto de defensa persoal e autocapacidades para mulleres e mozas


 

Terá lugar os días 10, 12 e 13 de xuño, de 19:30 a 22:00 horas, no polideportivo Pilar Barreiro Senra

O Concello de Lousame organiza un “Curso de defensa persoal e autocapacidade para mulleres e mozas”, tres sesións de adestramento físico e psíquico para saber como actuar ante diversas situacións problemáticas mediante técnicas de autodefensa. Unha iniciativa que terá lugar o luns 10, o mércores 12 e o xoves 13 de xuño, en horario de 19:30 a 22:00 horas, no polideportivo Pilar Barreiro Senra.

O curso será impartido por monitores/as especialistas en defensa persoal da Federación Galega de Loita e está dirixido tanto a mulleres adultas como a mozas menores de idade que, se non están acompañadas por unha adulta, deberán presentar unha autorización. A participación é totalmente gratuíta, se ben é preciso anotarse antes do 6 de xuño na Concellería de Igualdade de Lousame, no 981 820 494 ou no WhatsApp 689 126 385.

Este “Curso de defensa persoal e autocapacidade para mulleres e mozas” está organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Lousame, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade e a Federación Galega de Loita.