Saturday 23 de November de 2024

O Concello de Frades homenaxeou aos oito veciños e veciñas de máis de 90 anos que asistiron á XXII Festa dos Maiores


 

O Concello de Frades homenaxeou aos veciños e veciñas de máis de 90 anos que participaron este sábado na XXII Festa dos Maiores. Un acto no que recibiron unha placa conmemorativa de mans do alcalde, Roberto Rey, e dos concelleiros da Terceira Idade, Jesús Francos; Servizos Sociais, Ángeles Carro; Ensino, Manuel Ferreiro; e Medio Ambiente, Juan Carlos Portos.

Os 8 homenaxeados foron (de dereita a esquerda na foto): Encarnación Fernández Lavandeira (92 anos, Frades), Consuelo López Cao (92 anos, Vitre), Dolores Dono Suárez (96 anos, Papucín), Visitación Bello Couceiro (97, Ledoira), Jesús Carro Mandaio (96 anos, Papucín), Ramiro López Cotón (102 anos, Aiazo), Clodomiro Cabanas Naveiro (96 anos, Aiazo) e Carmen Iglesias Fernández (91 anos, Ledoira).