SO Concello de Riveira informa da adxudicación dunha nova actuación consistente na renovación da pavimentación da rúa Sagres, situada en Aguiño.
Actualmente, este vial situado no casco urbano da localidade rexistra un firme en mal estado con abundantes baches e disgregacións que repercute negativamente na circulación ao soportar tráfico rodado.
Por tal motivo, os servizos técnicos do Concello redactaron un proxecto dirixido a renovar a pavimentación da estrada mediante a extensión dunha capa de aglomerado en quente que mellore as condicións da circulación viaria.
A empresa en que recaeron estes traballos foi Nemesio Ordóñez, S.A.. Supón un investimento de 6.679 euros. O prazo de execución ascende a 15 días.