Saturday 23 de November de 2024

Clausurado o curso sobre novas tecnoloxías e competencias dixitais


 

Susana García, concelleira de Benestar Social de Ordes, clausurou esta mañá o curso “Apoio para as competencias dixitais. Unha aproximación ás novas tecnoloxías”. Unha iniciativa desenvolvida dende a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes en colaboración coa oficina de emprego de Ordes. Ao longo dos últimos meses o alumnado recibiu nocións sobre o manexo das novas tecnoloxías a través de ordenador, tableta ou teléfono móbil para poder ser empregados nas actividades máis cotiás.