Saturday 16 de November de 2024

A Casa da Cultura de Lousame acolle ata o vindeiro 2 de xullo a exposición de Marisa Redondo “Mirada al mar”


 

Trátase dunha selección de 26 cadros nas que a artista vilagarciá plasma distintas visións do mar

A sala de exposicións da Casa da Cultura de Lousame acollerá ata o vindeiro 2 de xullo a exposición “Mirada al mar”, unha selección de 26 cadros da artista Marisa Redondo Sayans. A pintora vilagarciá explica que “todo el que se acerque por Lousame se encontrará con el mar, que es lo que es en sí esta exposición. Desde que comenzé a pintar, el mar me atrajo tanto que lo he registrado en las diferentes horas del día, sus reflejos, su vida… porque tiene vida y por eso un día está más apagado y otro más alegre. Y eso es lo que yo trato de plasmar en los lienzos”.

“Mirada al mar” recolle 26 cadros, de técnica mixta sobre lenzo, e que teñen o mar como vínculo común a todos eles, con postas de sol, barcos navegando, cidades reflectidas nas súas augas… Marisa Redondo Sayáns comezou a pintar cando se xubilou como mestra, sempre atraída polas cores e as olas do mar. Dende o ano 2012, que debutou na sala de exposicións Auditorio de Vilagarcía de Arousa, ten participado en distintas exposicións, tanto individuais como colectivas. As últimas foron a individual “Cores do Mar de Arousa”, no centro cultural Lustres Rivas de Riveira; e a mostra conxunta “Cariarte”, na sala Rivas Briones de Vilagarcía de Arousa.