Saturday 16 de November de 2024

Centos de persoas participan na xornada  matemática da alameda de Ordes


 

Centos de nenos e nenas, a súa inmensa maioría acompañados dos seus pais e nais, participaron esta fin de semana na xornada matemática que tivo lugar na alameda de Ordes. Todas e todos tiveron ocasión de divertirse e darlle á cabeza cunha ampla gama de actividades, problemáticas e exercicios de todo tipo, incluíndo elementos e compoñentes xeométricos que tiveron que instalar correctamente. A dita actividade, desenvolvida polo IES Nº1 de Ordes e o Equipo de Dinamización Lingüística, contou coa colaboración do Concello de Ordes. A concelleira de Educación, Susana García, foi unha das persoas que non se resistiu a desafiar á lóxica e á razón, ademais de compartir impresión con membros do profesorado.