Friday 22 de November de 2024

Brión acolle este sábado “Vagalumes no vento”, un espectáculo de poesía e música a cargo do Grupo Ouriol destinado a un público familiar


O centro social polivalente de Brión acollerá este sábado, a partir das 18:30 horas, o espectáculo “Vagalumes no vento”, do Grupo Ouriol. Trátase dun espectáculo pensado para un público familiar, que poderá disfrutar da poesía de grandes escritores en voz da poetisa e recitadora Eva Veiga combinada coa música de Bernardo Martínez e Fito Ares. A asistencia é libre e de balde.

Os escritores escollidos para este recital en Brión son Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Xosé Neira Vilas, Uxío Novoneyra, Manuel María, Pura Vázquez, García Lorca, Xosé María Álvarez Blázquez, Antonio García Teijeiro, Fran Alonso e Luz Pozo. O obxectivo é combinar os textos destes escritores coa música para conseguir atraer deste xeito a un público novo.