Onte domingo disputouse a última xornada que concentrou nun fermoso día asollado numerosos afeccionados de toda Galicia
O III RallyMix Concello de Touro foi a mans de Javier Ramilo, da escudería Yacar Racing, cun tempo total das cinco mandas de 37.24. O seu vehículo: un YacarCross. O segundo clasificado da disputada proba foi Daniel Alejandro Remuñán, da mesma escudería e tambén cun YacarCross. O seu tempo total: 38.01. E o terceiro clafisicado foi o xoven piloto Borja González, da escudería Eco-Modular Motorspof, a bordo dun Semog Bravo. O tempo 38.16. Uns dos favoritos, Abel Jurado, tivo que abandoar a proba. Non pudo rematala pola avería do seu vehículo.
Da Clase B ou vehículos carrozados, o primeiro foi Celestino Iglesias Cores co copiloto Jorge Iglesias, da escudería Desguaces Tino Racing, que correron cun Ford Fiesta. O tempo total: 39.08. O segundo: Victor Senra e Paula Ramos, cun Mitsubishi Lancer Evo X, do Yacar Racing. O seu tempo: 39.14. E o terceiro clasificado, tamén do Yacar Racing, fou José Fernández Gay e Juan Brun, que correron cun Peugeot 208 e lograron un tempo de 39.21.
As dúas xornadas do III RallyMix Concello de Touro durante o pasado fin de semana aportaron espectáculo nas estradas que conformaron o circuito de arredor de doce quilómetros nos arredores da parroquia de Loxo. Saídas de pista e espectaculares derrapaxes fixeron as ledicias dos centos de afeccionados ao automobilismo que se achegaron ata Touro. Participaron 87 equipos cos seus pilotos nesta proba organizada pola escudería Touro Motor con apoio da Federación Galega de Automobilismo da Xunta de Galicia e do Concello de Touro e valedeiro e puntuable para o Campionato de Galicia RallyMix 2019. Nunca tanta afluencia de pilotos e de afeccionados se achegaran ata esta proba que xa comenza a ser clásica no calendario oficial de probas automobilísticas en Galicia. O fin de semana asollado invitou a disfrutar do RallyMix do Concello de Touro. Trala proba fíxose entrega dos premios e trofeos aos mellores nun acto celebrado na Casa de Cultura de Touro presidida polo alcalde Ignacio Codesido Barreiro e pola concelleira de Deportes, Adela Iglesias.