A primeira xornada do III RallyMix Concello de Touro aportou espectáculo ás estradas que conforman o circuito de arredor de doce quilómetros nos arredores da parroquia de Loxo. Saídas de pista e espectaculares derrapaxes fixeron as ledicias dos centos de afeccionados ao automobilismo que hoxe se achegaron ata Touro. Participaron 87 equipos cos seus pilotos procedentes de Galicia, Asturias, Euskadi e Portugal nesta proba organizada pola escudería Touro Motor con apoio da Federación Galega de Automobilismo da Xunta de Galicia e do Concello de Touro e valedeiro e puntuable para o Campionato de Galicia RallyMix 2019. As nubes altas, o sol e as boas temperaturas fixeron máis soportable a espera dos afeccionados que esperaban a que pasasen os pilotos cos seus coches. Foi un día para os amantes dos motor.
A primeira manga en Touro desta modalidade de Rally que combina asfalto e terra comenzou ás 12.05 horas. O circuito percorre 12 quilómetros. Numeroso público e amantes do motor achegáronse a diferentes zonas do circuito. Viviuse un bo ambiente. Os favoritos a facerse coa proba son Abel Jurado Palacio, que corre cun YakarCross e marcou o primeiro tempo na primeira manga; Javier Ramilo Queijo, que utiliza un coche Yakarcross e estableceu nese primeiro percorrido o segundo mellor tempo; e Abraham Duarte Carracedo, cun Yakarcross e que se situou terceiro na primera manga. Os tres pertenecen á escudería Yacar Racing. Dos turismos os favoritos son Perfecto Calviño, que utiliza un Peugeot 208 e que marcou o mellor tempo dos vehículos carrozados; e José Fernández Gay, tamén cun Peugeot 208, que fixou o segundo mellor tempo dos turismos. Os dous pilotos son da escudería Yakar Racing. Despois da primeira manga hoxe disputanse outras dúas mangas, que estaba previsto que comencen unha ás 15.30 horas e a última, ás 17.30 horas. Mañán domingo día 12 de maio haberá dúas mangas. A primeira proba ese día está prevista para ás 09.00 horas; e a segunda será a partir das 11.00 horas. Xa ás 15.30 horas está prevista a entrega de trofeos