Friday 22 de November de 2024

A Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte a Violencia de Xénero de Lousame dá conta das actuacións de sensibilización realizadas no último semestre


 

A concelleira de Igualdade de Lousame, Silvia Agrafojo, presidiu esta mañá a reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero de Lousame. Unha reunión na que participaron Mª Isabel Álvarez García, xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller en A Coruña; Pilar Cobas Cajuso. directora do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro; Julio César López González, sarxento Garda Civil-Posto de Noia; Julia Veiro Justo, psicóloga do CIM de Noia; Natividad Hermo Santos, traballadora social de Lousame; e Mónica Castaño Ourille, técnica da Concellería de Igualdade.

Un encontro no que Silvia Agrafojo aproveitou para dar conta de todas as actuacións desenvolvidas polo Concello de Lousame nos últimos seis meses a prol da sensibilización e prevención da violencia contra as mulleres, como foron a ruta de sendeirismo contra a violencia, un curso de defensa persoal para mulleres e dúas charlas formativas, sobre ciberseguridade e sobre educación sexual. A maiores, o alumnado do CPI Cernadas de Castro construíron un muro contra a violencia na fachada da Casa do Concello, con mensaxes contra a violencia e a prol da igualdade. Finalmente,, todas as persoas integrantes da Mesa tomaron a palabra para informar sobre as distintas actuacións levadas a cabo pola súa entidade no ámbito municipal de Lousame.