Friday 22 de November de 2024

Concello e Asociación Callejeros Barbanza asinan un convenio para controlar e xestionar as colonias de gatos de rúa


 

Concello de Riveira e Asociación Callejeros Barbanza asinaron un convenio de colaboración co obxecto de controlar e xestionar as colonias de gatos de rúa do municipio.

Segundo o contido do acordo, tales traballos levaranse a cabo mediante o método CES (Captura-Esterilización-Solta) como forma para controlar a superpoboación e evitar posibles problemas hixiénico-sanitarios.

Tales medidas preventivas na capacidade de reproducción dos felinos evitará ter que sacrificar os animais que forman parte das colonias.

Callejeros Barbanza comprométese á captura dos gatos, o seu transporte a un centro veterinario, a esterilización e marcaxe dos mesmos e o retorno á colonia, ademais de controlar posibles novas incorporacións á mesma e evitar que volve a crecer. Tamén se encargarán de sanear as criaturas e se tomen as medidas oportunas para tratar aquelas que presenten algunha enfermidade.

Adopción
Igualmente, promoverán a adopción dos gatos de rúa potencialmente adoptables polo seu carácter.

Pola súa parte, o Concello aprobará anualmente unha aportación económica para que a asociación poida desenvolver os compromisos que asume en virtude do convenio, rubricado polo alcalde Manuel Ruiz e Juan Manuel Blanco como presidente da citada entidade.