Un total de 35 maiores están a participar nunha viaxe cultural por Salamanca e o norte de Portugal que se adscribe ao Programa de Dinamización Social dos Nosos Maiores que promove o Departamento de Servizos Sociais.
A viaxe comezou o pasado día 7 e prolongarase ata o 12 de maio, con visitas a lugares como Salamanca, Ciudad Rodrigo, Guarda, Aveiro, Viseu, Oporto, ademais de participar nun cruceiro polo río Duero e visitar unha bodega.