Víctor Senra, actual campión gallego de rallys, participará na proba
Oitenta e oito pilotos procedentes de Galicia, Asturias, Euskadi y Portugal participarán este fin de semana no III Rallymix Concello de Touro, que terá lugar os días 11 e 12 de maio nas pistas de terra e de asfalto da parroquia de Loxo (Concello de Touro). O III Rallymix Concello de Touro, organizado pola escudería Touro Motor con apoio da Federación Galega de Automobilismo, Xunta e Concello de Touro, é valedeiro e puntuable para o Campionato de Galicia Rallymix 2019. Esta é a segunda proba do campionato e a afluencia de pilotos é notable.
Entre os pilotos que participarán está Víctor Senra, actual campeón galego de rallys, que correrá cun Mitsubishi Lancer Evo X. Tamén estarán os pilotos Alberto Otero, que se subirá a un Ford Fiesta N5; Perfecto Calviño cun Peugeot 208 e Manuel Osorio, que utilizarán un Ford Fiesta.
O Rallymix Concello de Touro 2019 conta cunha parte do trazado sobre asfalto e outra parte sobre terra. O trazado no que se fará esta proba ten unha lonxitude de 12 quilómetros. E a terra representará o 85% do trazado e o resto será asfalto (15%). O circuito discurrirá na parroquia de Loxo. O sábado 11 de maio comenzarán a primeira hora as verificacións administrativas e técnicas. Ás 09.30 horas está previsto o recoñecemento dos tramos polos pilotos. A primeira manga empezará ás 12.30 horas. E haberá outras dúas mangas nese día, que comenzarán unha ás 15.30 horas e a última, ás 17.30 horas. O domingo día 12 de maio contará con dúas mangas. A primeira proba ese día está prevista para ás 09.00 horas; e a segunda será a partir das 11.00 horas. Xa ás 15.30 horas está prevista a entrega de trofeos.
Touro Motor, que preside José Ramón González, confía en que acuda numeroso público e afeccionados a presenciar a proba puntuable para o Campionato de Galicia Rallymix 2019. Espérase un fin de semana asollado.