Desenvolveranse entre o venres 17 e o domingo 19 de maio e incluirán o tradicional Desfile de Carrozas
A veciñanza da parroquia de Oural ultima xa todos os preparativos para a celebración das súas festas patronais do San Cidre. Estas desenvolveranse entre os vindeiros 17 e 19 de maio e non faltará o tradicional Desfile de Carrozas.
O programa dará comezo o venres 17 coa festa na honra da Nosa Señora de Fátima. Haberá misa ás 22.00 horas, que finalizará coa tradicional procesión, acompañada polo grupo de gaitas Pena do Corvo.
O sábado 18 de maio celebrarase a festa na honra da Nosa Señora do Rosario, con misa solemne ás 13.00 horas. Pola noite, ofrecerase un gran verbena coas orquestras Zeltia e Charleston Big Band.
A xornada grande será o domingo 19 de maio, coa festa na honra de San Cidre. Haberá misa solemne ás 13.00 horas. A mañá finalizará coa 46 edición do Desfile de Carrozas, que sairá de Camporrapado e que concluirá no campo da festa. O percorrido contará cos acordes da Banda de Música Unión Musical de Ponte Ledesma e a Charanga BB+.
Os festexos finalizarán cunha gran degustación de pinchos e viños. Ademais, no campo da festa haberá carpa e pulpería.