Saturday 16 de November de 2024

Clausurado o curso de atención sociosanitaria para persoas dependentes


 

Susana García, concelleira de Benestar Social e Educación do Concello de Ordes, clausurou o curso de atención sociosanitaria para persoas dependentes en institucións. En total inscribíronse nel quince mulleres ás que se lles impartiron máis de 460 horas de formación dende o pasado mes de novembro. O programa incluíu tamén prácticas en residencias.

Este curso englóbase dentro do programa de accións formativas para persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.