O Club Boudsport participou esta fin de semana en Sada no Campionato Provincial Escolar de Combate. Unha proba na que, unha vez máis, evidenciou o seu bo nivel enriba do tatami, regresando a Ordes con once metais colgados no pescozo dos seus integrantes.
En total foron seis ouros, dúas pratas e 3 bronces acadados por: Pablo Pazos, Samuel Calviño, Álex Rey, Alba Rey, Ainara Loureiro e Alba Rosende. As pratas foron para Alonso Rodríguez e Alba Couselo, mentres que os bronces obtivéronos Mateo Fernández, Estela Couselo e Sara Juncal.