Friday 22 de November de 2024

A Casa de Galicia en Madrid remata 2014 con maís de 200 actividades


Tamen se levou a cabo a entrega de distincións a destacadas persoalidades pola súa vinculación a Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda presidiu hoxe a ‘Clausura das Actividades 2014’ da Casa de Galicia acompañado do Presidente do Consejo de Estado, José Manuel Romay Beccaría

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu xunto ao Presidente do Consejo de Estado, José Manuel Romay Beccaría, a clausura das actividades 2014, na que destacou que a Casa de Galicia en Madrid converteuse nun referente na actividade cultural da capital española.
O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega destacou que este acto é a culminación dun ano dunha larga actividade e constante traballo no que sinalou que a Casa de Galicia levou a cabo máis de 200 actos e celebracións, cunha programación orientada a potenciar os aspectos culturais, económicos, sociais, institucionais e de relación humana referidos a Galicia.
Destacou tamén a intensa labor que realizan a Oficina de Turismo e o Aula de Galego, cunha alta demanda de ensinanza da nosa lingua, non só por parte de persoas oriundas de Galicia senón tamén de outras Autonomías. Onega incidiu que a Casa de Galicia é o punto de encontro, espazo e lugar de traballo e reunión dos directivos e membros das asociacións profesionais e culturais galegas en Madrid, coma AEGAMA (Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid); ASOMEGA (Asociación de Médicos Gallegos en Madrid); IURISGAMA (Asociación de Juristas Gallegos en Madrid); Club de Periodistas Gallegos, Orden de la Vieira, y FAGAMA (Federación de Asociaciones Gallegas en Madrid”.
Así mesmo, tamén se procedeu á entrega de distincións a destacadas personalidades cos ámbitos cultural, económico e social, tanto pola súa traxectoria profesional como polo seu afecto a Galicia e a súa casa en Madrid.

Listado completo das distincións
– Carmen Becerril Martínez. Ex Secretaria de Estado de Enerxía.
– Leopoldo Calvo Sotelo Ibáñez-Martín. Marqués da Ría de Ribadeo. Ex Subsecretario do Ministerio do Interior. Letrado Maior do Consello de Estado.
– Luz Casal Paz. Cantante de pop-rock
– María Emilia Casas Bahamonde. Ex Presidenta do Tribunal Constitucional de España.
– Javier María Casas Estévez. Magistrado. Ex Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid.
– Cristina Cifuentes Cuencas. Delegada do Goberno na Comunidade Autónoma de Madrid.
– Francisco Ribeiro de Menezes. Embaixador de Portugal en España.
– Juan Carlos Estévez Fernández-Novoa. Presidente do Consello Xeral de Procuradores dos Tribunais.
– Manuel José Guiote Linares. General de Brigada de Sanidade do Exército.
– María Lage Prieto. Vicepresidenta do Centro Galego de Madrid.
– Manuel Medina González. Avogado.
– Ramón Tamames Gómez. Economista do Estado. Catedrático de Estrutura Económica. Premio Nacional de Economía.