O Concello de Ordes vén de abrir o prazo de inscrición para participar nas actividades de conciliación programadas para o vindeiro 20 de maio co gallo do Día das Letras Galegas. O prazo para poder formar parte desta xornada lúdico-festiva finalizará o 16 de maio.
Dirixida especialmente a nenos e nenas de 3 a 12 anos escolarizados, incluirá xogos, traballos manuais, música e movemento e moitas máis sorpresas. As actividades serán en horario de mañá, concretamente de 9 a 14 horas, aínda que existe a posibilidade de amplialo. O prezo é de tan só 4 euros.
As persoas interesadas poden apuntarse no Departamento de Educación do Concello de Ordes.