Saturday 16 de November de 2024

Multicolor exhibición de patinaxe no Castelao I


 

Máis de 350 patinadores e patinadoras de distintas idades encheron de cor e acrobacias a pista do pavillón Castelao I. A IX exhibición de patinaxe artística e a gala de clausura das actividades de ballet e ximnasia rítmica encheron este pasado domingo os chanzos dun público desexoso por ver o espectáculo que se lles tiña preparado. Os campións nacionais Lucas Yáñez e Javier Martínez acudiron a esta cita e deixaron a todos e todas coa boca aberta durante a súa exhibición.

Este ano os grupos que participaron foron as escolas de patinaxe dos colexios Campomaior e Castelao (Ordes), Pecalama (Tordoia), Bembibre (Val do Dubra), Lubiáns (Carballo), ademais dos clubs de patinaxe Galia e Conxuro (A Laracha). Tampouco faltaron o Club de Ximnasia Rítmica ANPA Castelao e a Escola Municipal de Ballet (Ordes).

A entrega de medallas coa que se lle puxo fin a este evento contou coa presenza de José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, alcalde de Ordes e concelleira de Deportes respectivamente.