Friday 22 de November de 2024

Preto de 400 persoas participaron no 28 Encontro de Maiores do Concello de Boqueixón


 

Preto de 400 persoas participaron onte no 28 Encontro de Maiores do Concello de Boqueixón. A xornada de confraternidade comprendeu varias actividades e sorpresas para a veciñanza asistencia.

En primeiro lugar, celebrouse unha misa no salón de actos do CPIP Antonio Orza Couto. A continuación, desenvolveuse xantar no polideportivo do Forte.

Como xa é tradición, o Concello de Boqueixón homenaxeou ás dúas persoas de maior idade desta cita. Nesta ocasión, Carmen Mareque Picón, que cumprirá neste ano 96 primaveras, e José Barrio Cardama, de 95 anos, levaron cadansúa placa conmemorativa.

Ademais, e grazas á colaboración de Gasolineras SBC, realizouse un sorteo dun total de 26 agasallos de distinto tipo entre as persoas asistentes. O 28 Encontro dos Maiores de Boqueixón finalizou cunha animada actuación musical.