O delegado territorial da Xunta na Coruña informou destas novas axudas que reciben os concellos para mellorar a calidade da oferta turística
A Xunta de Galicia investirá este ano máis de 31.000 euros en dous concellos da comarca de Ferrolterra ao abeiro da orde de axudas da Consellería de Cultura e Turismo que ten como finalidade o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural de cara á consolidación da oferta turística nas zonas rurais
O representante do goberno autonómico destacou que “estas axudas van dirixidas a mellorar a calidade dos recursos turísticos dos concellos para facelos máis atractivos aos visitantes”. Neste senso, apuntou que “estas subvencións están orientadas ao fomento e posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística dos concellos”.
Cómpre lembrar que o Goberno galego ampliou o ano pasado os fondos dirixidos a concellos, mancomunidades ou xeodestinos, entre outros, co obxectivo de afondar na colaboración coas administracións locais e mellorar as infraestruturas turísticas a través do seu embelecemento, a mellora da sinalización ou da accesibilidade, principalmente.
As dúas actuacións que se levarán a cabo ao abeiro desta orde será o suministro e instalación de sinalización turística intelixente no Concello de As Pontes de García Rodríguez cun investimento de máis de 19.000€ e a sinalización de edificios e lugares de interese do casco histórico de Pontedeume e roteiros peonís circulares.
En toda a provincia, a Consellería de Cultura e Turismo apoiará a realización de 24 actuacións cun investimento total que supera os 581.000€.