Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Boqueixón organiza unha nova edición da Andaina das Letras o 17 de maio


As persoas interesadas na actividade deberanse inscribir no Departamento de Cultura antes do luns 13

O Concello de Boqueixón organiza unha nova edición da súa Andaina das Letras. Impulsada polo Departamento de Cultura, trátase dunha iniciativa na que se mesturan natureza e cultura nunha xornada de convivencia e tamén práctica deportiva.

Esta proposta, totalmente gratuíta, desenvolverase o propio Día das Letras Galegas, o venres 17 de maio a partires das 18.30 horas. As persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscrición no Departamento de Cultura (cultura@boqueixon.com ou no teléfono 981 513 115) antes do luns 13 de maio.

As persoas asistentes descubrirán a Ruta dos Pescadores, no tramo entre Sucira e Ledesma, ao tempo que participarán en distintas actividades culturais. Así, durante esta ruta desenvolveranse as Palabras Vivas, que comprenden unha sesión de poesía teatralizada. Ademais, realizarase unha lectura de escritos premiados no Certame de Relato Curto Xosé Neira Vilas.