O campo da festa de San Roquiño acollerá unha foliada con Queicoa, AC Canlebó de Camboño, AC O son do Pote de Tállara, UNED Senior de Lousame, Coral de Cando e grupo de música tradicional de Xolda da Laracha
O campo da festa de San Roquiño (Tállara-Lousame) acollerá este domingo 5 de maio, a partir das 18:00 horas, unha xuntanza de música tradicional galega na que participarán seis grupos folclóricos. Unha actuación programada dentro da decimosétima edición da Festa do Galego do Concello de Lousame, que culminará como todos os anos na mañá do 17 de maio coa tradicional homenaxe a Zernadas de Castro en Fruíme.
Na xuntanza de música tradicional participarán os grupos Queicoa, a asociación cultural Canlebó de Camboño, a asociación cultural O Son do Pote de Tállara, o alumnado da UNED Senior de Lousame, a coral de Cando e o grupo de música tradicional de Xolda da Laracha. O festival está aberto a toda a veciñanza.