A cita terá lugar este próximo sábado no Campo da Feira. Unha gran carpa acollerá a misa solemne e o gran xantar popular, que estará seguido de baile
Un ano máis o Concello de Ordes faralle un recoñecemento ás súas persoas maiores. Este vindeiro sábado, 4 de maio, terá lugar a xuntanza de maiores, na que a día de hoxe xa teñen confirmada a súa asistencia máis de 700 comensais. Ademais dos membros do equipo do Goberno local e moitas e moitos dos concelleiros da corporación, tamén asistirán a conselleira de Política Social e o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez e Idelfonso de la Campa Montenegro respectivamente.
O programa inclúe unha misa ás 13.30 horas seguida de baile e dun xantar popular. O lugar de celebración será na carpa instalada no mesmo Campo da Feira.