Friday 22 de November de 2024

Igualdade remata en Santiago a rolda de cursos de formación para previr a violencia de xénero en redes sociais e smartphones


O curso abrangue asuntos como o ciberacoso, sexting, sextorsion e ciberbullyng

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu ao último dos cursos de formación especializada que Igualdade estivo a impartir entre os profesionais dos CIMs para por freo á violencia de xénero e sexual a través das novas tecnoloxías.

Baixo o título “Violencia de Xénero e Sexual en Internet, Redes Sociais e Smartphones: Coñecer, Previr e Actuar” o obxectivo do curso é seguir achegando coñecementos para a mellora na atención e a intervención por parte dos profesionais que en Galicia traballan con mulleres e menores que sofren violencia de xénero nos seus fogares.

De feito, a iniciativa enmarcase dentro das actividades de formación que celebra a Secretaría Xeral da Igualdade periodicamente e que da cumprimento a un dos obxectivos do VI Plan Galego para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. Por iso, durante este mes de decembro celebrouse nas catro provincias galegas: Lugo (1 e 2), Ourense (3 e 4), Vigo (9 e 10) e Santiago (11 e 12).

A actividade ten una duración de 20 horas lectivas -10 presenciais e 10 online- e está impartida polo persoal de ‘Pantallas Amigas’, una entidade amplamente recoñecida polo seu traballo no eido dixital e que desde 2010 centrase en combater a Ciberviolencia de xénero.

O contido do curso abrangue asuntos como o ciberacoso, sexting, sextorsion e ciberbullyng; ademais de afondar nas características da Rede o uso seguro de internet, as redes sociais de uso máis común entre as mozas e mozos galegos, seguridade e privacidade nos Smartphones, aspectos legais e ciberdelitos, etc.

Neste curso de Santiago participan 67 persoas que veñen dos CIMs da provincia da Coruña, do Centro de Recuperación Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero(CRI) e de Centros Quérote+. Asiste tamén persoal dos CIMs de Silleda, Lalín, A Estrada e Caldas de Reis, pola súa proximidade a Santiago.