A Escola Municipal de Ballet renderá unha homenaxe a esta disciplina artística o vindeiro luns 29 de abril, Día Internacional da Danza, cunha clase aberta na que aqueles que o desexen poderán contemplar en acción aos alumnos con idades comprendidas entre os 4 e os 8 anos.
A clase, que dará comezo ás 17 horas na aula situada no Conservatorio, será impartida pola mestra da escola, Cristina Riveiro.
O Día Internacional da Danza celébrase cada 29 de abril dende que foi establecido no 1982 polo Comité Internacional da Danza do Instituto Internacional de Teatro. Conmemora o nacemento en 1727 de George Noverre, bailarín e mestre considerado o creador do ballet moderno.