O Centro Cultural Lustres Rivas vai exhibir do 3 ao 25 de maio unha nova exposición coas obras escollidas no XV Certame de Artes Plásticas Isaac Pardo que promove a Deputación da Coruña.
A mostra exhibirá entre outras obras a gañadora da mostra, “S/T”, de Manuel Antonio Suárez Eirís. E tamén haberá creacións seleccionadas dos artistas Fruela Alonso, Olmo Blanco, Jacobo Bugarín, Samuel Castro, Rosendo Cid, Marcos Covelo, Miguel Cuba Taboada, Lara Díaz Pintos, Suso Fandiño, Carla Fernández, Edu Fernández, Félix Fernández, Julia Huete, Gema López, Mónica Alonso, Jesús Madriñán, Jesús Otero, Arantza Pardo, Montse Rego, David Catá, Cillas Rodríguez, Pablo Rodríguez, José Andrés Santiago, Neves Seara, Ana Soler, Mauro Trastoy, Verónica Vicente e Diego Vites.
A exposición estará aberta de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 horas.