O vindeiro sábado día 27 de abril, o ASAMBAL CAB, único club de baloncesto de A Pobra do Caramiñal, celebra os seus 15 años de creación coa realización dun torneo de baloncesto amigable, no que contará coa presenza dos clubes de baloncesto más representativos da Barbanza: Asambal da Pobra (coa colaboración do CB Riveira), a ANPA O Grupo de Riveira, o Noia CB e o CB Baia de Boiro.
O torneo consistirá na disputa de catro partidos de baloncesto na tarde do sábado, que comenzarán ás 16:00 horas no polideportivo municipal da r/ Venecia. Ao finalizar os partidos farase a entrega duns obsequios conmemorativos do acto aos equipos participantes na xornada.