Friday 22 de November de 2024

Prosegue o curso para maiores da Universidade de Santiago cun seminario dedicado ao cine como linguaxe


 

Os Camiños de Coñecemento e Experiencia que organiza a Universidade de Santiago para os veciños maiores de 50 anos proseguiu na tarde de onte no Centro Cultural Lustres Rivas cunha nova acción formativa.

Co título “O cine como linguaxe”, Álvaro Dosil Rosende, do Grupo de Investigación 3ª Xeración e bolseiro da Oficina de Desenvolvemento Sostible afondou neste tema ante os medio de veciños e veciñas que se inscribiron na iniciativa.

A programación seguirá a semana próxima con estas accións:

22/04/2019 16:30-18:00h Práctica O Cine como Linguaxe
D. Álvaro Dosil Rosende. Grupo de Investigación 3ª Xeración e Bolseiro da Oficina de Desenvolvemento Sostible

24/04/2019 16:30-18:00 h. Práctica A herdanza: sucesión por causa de morte segundo o Dereito galego e o estatal
Prof. Dr. Xaime Manuel Requeixo Souto. Facultade de Dereito (USC)

25/04/2019 16:30-18:00 h. Xeografía física da costa galega. Orixe, evolución e orixinalidade do noso litoral
Prof. Juan López Bedoya. Facultade de Xeografía e Historia (USC)

26/04/2019 16:30-18:00 h. Roteiro pola costa
Prof. Juan López Bedoya. Facultade de Xeografía e Historia (USC)