Ovidio Rodeiro informou que, na comarca de Ferrol, a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá 340.000 euros para a contratación de 26 persoas
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou sobre as axudas de Aprol Rural, un programa que acaba de resolver a Consellería de Economía, Emprego e Industria, para que os concellos poidan contratar persoal para labores de limpeza e prevención de incendios.
Na comarca de Ferrolterra, se aprobou a contratación de 26 desempregados grazas a una investimento de 250.000 euros. Na provincia se contratarán 133 persoas cun investimento de 1,7 M€.
O orzamento, con respecto a 2018, crece nun 13% e os Concellos Emprendedores, que tiveron prioridade á hora de acceder a estes apoios, logran o dobre de contratos que os municipios que non contan con este distintivo autonómico que busca favorecer a actividade industrial na Comunidade, chegando a repartirse o 60% do total do investimento.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria financiará o 100% dos contratos que realicen as entidades locais do rural galego, que terán que estar vinculados á realización de tarefas relacionadas coa xestión do monte e a prevención de incendios nas faixas secundarias. Así, os desempregados poderán contratarse para o desenvolvemento de actividades de silvicultura, limpeza de montes, a xestión da biomasa, a valorización forestal ou a planificación preventiva. O obxectivo é proporcionar ás persoas sen traballo que habitan nos concellos rurais de Galicia -aqueles que non contan con ningunha zona densamente poboada a nivel parroquial- unha experiencia práctica e profesional necesarias para facilitar a súa inserción no mercado de traballo.
A Administración autonómica mellorou este ano esta iniciativa eliminando os límites de contratación por concello e incentivando con máis contratos ás localidades fusionadas e ás adheridas ao protocolo de Concellos Emprendedores. Así mesmo, tiveron prioridade os municipios con maior superficie forestal. Aumentouse, ademais, a contía media por traballador, que este ano se sitúa nos 13.176 euros, preto dun 20% máis que o exercicio anterior, atendendo deste xeito tamén a subida establecida para o salario mínimo interprofesional.
Aprol Rural forma parte dunha medida activa de emprego dirixida á mellora da ocupabilidade das persoas sen un posto laboral. Os traballadores e traballadoras que se contraten terán que estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e a duración dos contratos será de 9 meses e a tempo completo.
O obxectivo destes programas é a mellora da empregabilidade das persoas participantes, que teñen que estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG). Con esta iniciativa, polo tanto, ofréceselle aos participantes unha oportunidade para adquirir unha experiencia laboral que redunde na súa empregabilidade.