Serán un dos catro equipos que xogarán a fase provincial o vindeiro 11 de maio en Noia
O equipo infantil das escolas deportivas municipais do Concello de Brión proclamouse campión do Campionato Intercomarcal da Liga de Fútbol Sala e Idade Escolar, cuxa fase final se xogou este sábado no polideportivo municipal de Padrón. Un triunfo que lles vale ser os representantes das comarcas de Santiago, Xallas, Barbanza e Costa da Morte na Fase Provincial, que se xogará o vindeiro 11 de maio en Noia.
Os xogadores que dirixe José Manuel Trigo Romero, técnico de Deportes do Concello de Brión, derrotaron na final por 14-3 ao Vila de Cee. Esta é o segundo ano consecutivo no que estes xogadores quedan campións da fase Intercomarcal, pois o ano pasado (como alevíns) xa derrotaran na final a outro conxunto de Cee (o Colexio Manuela Rial) por un resultado máis axustado (2-1).