Pisando Ovos foi o espectáculo de danza e música electrónica que esta fin de semana Ruth Balvís e Jash Processor ofreceron na alameda de Ordes. Unha intervención artística integrada dentro do programa cultural Do Camiño Vivido composta por pezas experimentais na que un dj e unha bailarina danse a man creando un código de comunicación vangardista e único capaz de transformar o son e o movemento.
Do Camiño Vivido é unha iniciativa desenvolvida pola Deputación da Coruña en colaboración cos municipios de Ordes, Narón, Culleredo, Oroso e Betanzos. O Camiño Inglés é o eixe central desta actividade aberta á ciudadanía que conta con teatro, demostracións de cociña, funambulismo, circo ou música.