Saturday 16 de November de 2024

María Marticorena inaugura as actividades ‘Do Camiño Vivido’ en Ordes


A segunda edición do programa Do Camiño Vivido 2019 chegou a Ordes. María Marticorena foi a encargada de abrir o programa de actividades destinadas a Ordes. Dende esta mañá quedou instalada no Museo do Traxe a súa intervención artística, baseada na confección de traxes de peregrinos

A segunda e última das citas terá lugar mañá sábado arredor das 19 horas. Neste caso a danza contemporánea, o teatro e a música experimental invadirá a alameda da man de Pisando Ovos (Ruth Balvís e Jash Processor). Pezas experimentais na que un dejay e unha bailarina danse a man creando un códico de comunicación vangardista e único capaz de transformar o son e o movemento.

Do Camiño Vivido é unha iniciativa desenvolvida ata o mes de xuño pola Deputación da Coruña nos municipios de Ordes, Narón, Culleredo, Oroso e Betanzos. O punto de conexión entre todos eles é O Camiño Inglés, escenario para esta “festa da cultura contemporánea” aberta á cidadanía que se completa con máis de media ducia doutras tantas intervencións creativas e artísticas que pasan polo teatro, demostracións de cociña, funambulismo, circo ou música. Ademais dos xa mencionados Natasia Zürcher, Blues do País, Ser Danza, Paula Quintas, a Compañía Traspediante, Guillermo Pérez, Francisco Kike Piñeiro sairán tamén á rúa para difundir e achegar o patrimonio e valor cultural que existe a carón do Camiño Inglés.