Feijóo refírese aos premios da cultura galega como a proba de que a nosa é unha cultura madura, “con proxectos e traxectorias que se van decantando no tempo” e con iniciativas que xorden do país e retornan a el para enriquecelo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe aos Premios da Cultura Galega como a proba de que a nosa é unha cultura madura, “con proxectos e traxectorias que se van decantando no tempo, con iniciativas que xorden do país e retornan ao país para enriquecelo”.
Durante a súa intervención, o responsable do Executivo autonómico recoñeceu que, repasando a lista dos premiados nesta cita, é doado atopar un denominador común: a continuidade. “A literatura de Xosé Neira Vilas componse de numerosas etapas vitais que van deixando a súa pegada en libros inmorredoiros. Se hai un gran escaparate que, durante todos estes anos, mostrou o mellor da nosa creatividade e o mellor de todos os que viñeron a compartir a súa, chámase Galería Trinta. No ano de 1975 xa atopamos na farándula a Cándido Pazó, convertido hoxe nun dos reis da nosa escena. O Grupo Marcelo Macías fúndase en 1941 e aínda lle dura o pulo para pescudar na nosa arqueoloxía, antropoloxía e historia”, salientou.
Así mesmo, subliñou que “o Centro Pen Galicia cumpre 25 anos, sempre teimando na difusión internacional dos autores galegos. A vila de Ortigueira verá nacer no xa alongado 1978 o Festival Internacional do Mundo Celta. As orixes da eclosión do audiovisual galego atópanse na constitución de Agapi; hai vinte anos. O
Ademais do anhelo de continuidade, Feijóo destacou outra característica dos premiados: “O desexo de que a cultura galega estea no mundo, e que o mundo estea na cultura galega. Arelas de universalidade. Transcender o tempo e tamén transcender o espazo”, dixo, ao que engadiu que, se ben a historia ten un cemiterio cheo de culturas que pereceron por basearse en obras efémeras, ou por erguer muros presuntamente protectores contra o alleo, “a nosa está en pé”.
Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta fixo fincapé na Cultura como nexo de unión. E, neste sentido, afirmou que tamén se precisa das mulleres e homes da cultura galega, xa que “vostedes –aseverou- teñen un inmenso creto no noso pobo. Son unha referencia nun tempo que precisa modelos aos que seguir e admirar. Ningún galego se sinte alleo a Martín Codax, Rosalía ou Castelao. Non hai galego que non fose Balbino, o protagonista das
O presidente da Xunta concluíu incidindo en que cultura e liberdade forman en todos os pobos do mundo unha forza formidable: “Tamén en Galicia, onde a pedra da