Friday 22 de November de 2024

CINCO ESTUDANTES DA AULA GALEGA DE SAXOFÓN ACTUARÁN NO FESTIVAL MÁIS IMPORTANTE DE ESPAÑA NESTE INSTRUMENTO


Acudirán esta fin de semana no Mallorca Saxophone Festival
Esta fin de semana, o Conservatorio de Música Profesional de Riveira vai estar representado con cinco alumnos da Aula Galega de Saxofón (que o noso centro organiza) no Mallorca Saxophone Festival: o festival máis importante en torno a este instrumento que se realiza en España.

Os estudantes da Aula participarán na sección denoninada “Tribuna de Jóvenes Intérpretes” dentro dun programa que cumpre a súa undécima edición e se vén desenvolvendo dende o mes de xaneiro con concertos, conferencias, masterclass, etc.

Os alumnos que se desprazarán a Mallorca son:
• Jaime Estévez Moreira (Cmus Profesional Vigo
• Rubén Fuerte Casal (Esmu Municipal de Vila de Cruces)
• Uxía Caneda Cao (Cmus Profesional Santiago)
• María Crespo Cutrín (Cmus Profesional Santiago)
• María Núñez Figueiras (Cmus Profesional Riveira)

Estes intérpretes, que van dende os 15 ata os 18 anos, estarán acompañados polo coordinador da actividade, profesor de saxofón e secretario do conservatorio de Riveira, José Fungueiriño Ramos.

Masterclass de Timothy MacAllistar
Todos eles sairán o sábado ben cedo dende Santiago (07:25 horas) para poder asistir ese día ás masterclass que o saxofonista estadounidense Timothy McAllistar impartirá no Conservatorio Superior das Illas Baleares e a o concerto que o mesmo ofrecerá ás 20:00 horas.

O domingo 14, despois de recibir clases de Rodrigo Vila e ensaiar co pianista acompañante Joan Ramón Company de 9 a 14 horas os alumnos da Aula ofrecerán o concerto a partir das 16 horas no auditorio do Conservatorio e, xa as 19 horas, collerán un voo de volta que os traerá de novo ata Santiago.