Friday 22 de November de 2024

Cruz Vermella Ordes presenta a súa memoria anual


Foi presentada a memoria anual da Asamblea Comarcal de Cruz Vermella Ordes. Un acto no que se deu conta pormenorizadamente dos datos correspondentes a todas as intervencións levadas a cabo durante o 2018. Nel participaron Mercedes Casanova Díaz, presidenta provincial de Cruz Vermella, Manuel Antonio Viqueira Verea, presidente da asamblea comarcal ordense, Susana García Gómez, concelleira de Benestar Social do Concello de Ordes; e Roberto Rey Martínez, alcalde de Frades e presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes.

Segundo os dato presentados Cruz Vermella prestou atención a un total de 326 personas en situación de vulnerabilidade. Delas 147 englóbanse na categoría de vulnerabilidade extrema, polo que recibiron apoio co reparto de alimentos e de vales para a compra de produtos básicos para o fogar. Tamén se valeron de axudas educativas, sanitarias ou de suministros; así como de bens de primeira necesidade. Tamén hai que contabilizar a atención brindada a 39 personas inmigrantes, así como os cursos de alfabetización dixital, clases de idioma castelán e competencias clave para a integración no eido laboral.
No que respecta á área da Muller contabilizáronse a 71 usuarias coas que se desenvolveron tarefas de acompañamento, orientación e asesoramento sanitario, así como na mellora da empregabilidade, entre outras accións.
Infancia e xuventude
No que se refire a infancia e xuventude interviuse co fin de velar por unha correcta alimentación e o aproveitamento do curso escolar de nenos e nenas a través do Proxecto de Promoción do Éxito Escolar, no que participaron 33 menores. Por outra banda outros 38 rapaces e rapazas disfrutaron do proxecto centrado no ocio e tempo libre. Seguindo esta dinámica cos máis mozos e mozas traballouse con actividades de ocio e sensibilización nos centros educativos da comarca previndo conductas violentas (299 participantes), a interculturalidade (543 participantes) e tamén en materia de saúde (630 participantes). A todo isto súmanselle as diferentes campañas de sensibilización enmarcadas no Día Mundial do VIH ou no Día Internacional da Muller, entre outros.
Persoas maiores
Outro colectivo importante co que traballa a organización son as persoas maiores. Os obxectivos dos programas dirixidos a este sector poboacional pasan por paliar a soidade, fomentar o envellecemento activo ou favorecer a autonomía para permanecer no seu entorno habitual. Neste sentido un total de 23 persoas formaron parte do proxecto denominado ‘Bo trato ás persoas maiores’, centrado na liña de prevención e detección de posibles situaciones de risco en maiores de 65 anos. Ademais 75 homes e mulleres valéronse tamén do servizo de teleasistencia.
Formación
A formación tamén forma parte do programa xeral de Cruz Vermella Ordes. Así, ao longo de 2018 contouse con 100 alumnos y alumnas matriculados.
E si todo isto se levou a cabo dun xeito tan satisfactorio, tal e como demostran os resultados acadados, é grazas ao labor dos 62 voluntarios e voluntarias de Ordes. Mozos e mozas que constitúen a verdadeira base da organización conxuntamente cos 233 socios e socias da dita asamblea.
Durante o acto de presentación de resultados tamén houbo palabras de agradecemento e recoñecemento para asociacións, empresas, persoas socias e voluntarias que un ano máis amosaron o seu compromiso coa Asamblea Comarcal de Cruz Vermella Ordes. Este é o caso, entre outros, de: Feira Artesáns de Ordes, Grupo Internaco, Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes, CEIP ADR Castelao e a ANPA ‘O Fopo’ do CPI Pontecarreira de Frades.