Monday 25 de November de 2024

Aprobado polo Pleno o sorteo dos membros das mesas electorais para as eleccións xerais de abril


 

O Pleno extraordinario do Concello de Ordes aprobou esta semana por unanimidade o sorteo levado a cabo para a constitución das mesas electorais das próximas eleccións xerais, as cales terán lugar o próximo 28 de abril.

Tal día instalaranse un total de 18 mesas electorais repartidas do seguinte xeito: Casa da Cultura (3 mesas); CEIP Campomaior (3 mesas); CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (2 mesas); salón de actos da nave de gando no Mesón do Vento (1 mesa); antiga escola de Leira (1 mesa); antigo colexio de Mercurín (1 mesa); antiga escola de Vilamaior (1 mesa); antiga escola unitaria de Buscás (1 mesa); antiga escola de Pereira (1 mesa); antiga escola de Poulo (1 mesa); local social da igrexa de Beán (1 mesa); local social de Castro Parada (1 mesa); antiga escola de educación infantil de Santa Cruz de Montaos (1 mesa).

Efectivos da Policía Local están a notificar nos domicilios e enderezos de contacto a selección das persoas que exercerán como presidentes e vogais nos vindeiros comicios.