Un grupo de veciños e veciñas participou no curso de cestería organizado un ano máis polo Concello de Touro coa finalidade de aprender os vellos oficios e recuperar a tradición. O curso foi impartido durante tres meses. O participantes, para a elaboración dos cestos, utilizaron materiais como bimbios, salgueiros, mimosas e médula. Esta iniciativa que recupera as vellas tradicións artesanais comenzou a súa andaina fai xa seis anos no Concello de Touro. O Concello de Touro agradece a Manuel Rilo a súa implicación para impartir o curso. Os asistentes, acompañados do alcalde de Touro, Ignacio Codesido, despedieron o curso ata o próximo ano.