A organización márcase o obxectivo dos 100 participantes nesta primeira edición
O concelleiro de Deportes do Concello de Noia, Ramón Santos Pérez, reuniuse co presidente de Barbanza Golf, Alberto Colón Agrelo, para presentar a primeira edición do Torneo San Marcos 2019 Concello de Noia, que terá lugar do 18 ao 20 de abril nas instalacións de Barbanza Golf Pitch & Putt en Macenda (Boiro). Un torneo que repartirá 2.000 euros en premios.
Alberto Colón explica que “el objetivo es alcanzar los 100 participantes. Sabemos que es difícil para la primeira edición pero ya lo hemos conseguido y sabemos que hay mucha gente de Noia muy contenta con el evento, por lo que agradecemos la colaboración del Concello de Noia y del concejal de Deportes, Ramón Santos, para hacerlo realidad”.
Neste sentido, Colón Agrelo destaca que “aprovecharemos que coincide con la Semana Santa para atraer un turismo de calidad, pues el golf y el pitch & putt no será ese deporte de ricos que dicen los clichés pero sí que están relacionados con la transmisión de importantes valores”. “Tenemos clientes y socios de distintas provincias de España y esperamos que aprovechen el torneo para acercarse a las fiestas de San Marcos y ser una forma más de dar a conocer estas fiestas más allá de nuestro municipio”, apunta o presidente de Barbanza Golf.
Premios e inscricións
O I Torneo San Marcos 2019 “Concello de Noia” terá lugar o xoves 18 e venres 19 de abril, a partir das 11:00 horas, e o sábado 20 de abril a partir das 17:00 horas. As inscricións poderán facerse ata as 19:00 horas do mércores 17 de abril no propio campo de Barbanza Golf, no mail barbanzagolf@gmail.com ou chamando ou enviando un whatsApp ao teléfono 651 172 945. A cota de inscrición é de 15 euros para persoas socias de Barbanza Golf e de 22 euros para persoas non socias.
Repartiranse un total de 2.000 euros en premios, entre eles un cheque regalo de 500 euros ao “hoyo en 1” no burato 18 (se houbera máis dun gañador, o premio repartiríase). Haberá premios para os tres primeiros clasificados das modalidades Scratch e Hándicap, así como para os campións senior, feminina e júnior. Os primeiros clasificados tamén levarán un estuche de xamón ibérico de campo; mentres que os segundos e terceiros levarán un estuche gourmet. Os campións feminina e junior recibirán a maiores sendas bandexas de produtos, mentres que o campión sénior levará unha paleta ibérica de campo. A entrega de premios terá lugar en Macenda a partir das 19:30 horas. Entre os asistentes sortearanse 5 bandexas de produtos premium.