No día de hoxe, 1 de abril, conmemórase o Día das Artes Galegas que nesta edición está dedicado a Luís Seoane e con tal motivo na Biblioteca Municipal de Riveira se está a exhibir diverso material alusivo a este autor, formado tanto por fondos municipais como por outros cedidos polo Museo do Gravado de Artes.
Este é un anticipo da programación da Feira da Educación de Riveira que arrancará este vindeiro mércores e que inclúe actividades dedicadas a Luís Seoane e tamén ao homenaxeado no Día das Letras Galegas, Antón Fraguas.