Friday 22 de November de 2024

O Concello de Noia abre o prazo de solicitude de postos de venda ambulante, barracas e atraccións para as Festas do San Marcos


 

Deberán presentarse no Rexistro do Concello antes do 12 de abril

O Concello de Noia abre hoxe o prazo de presentación de solicitudes de postos de venda ambulante, barracas e atraccións para as Festas de San Marco, que terán lugar do 25 ao 28 de abril de 2019. O prazo de presentación estará aberto ata o vindeiro 12 de abril.

As solicitudes poden descargarse do taboleiro de anuncios do Concello de Noia e deberán entregarse debidamente cubertas e cos documentos xustificativos que se esixen no Rexistro do Concello de Noia, de forma telemática (ben a través de calquera rexistro oficial, ben a través da Sede Electrónica do Concello de Noia) ou por correo postal certificado. O Concello de Noia confirma que non serán admitidas solicitudes presentadas por correo electrónico.

Documentación

Nos tres casos, a persoa solicitante deberá presentar copia compulsada do DNI ou pasaporte, copia compulsada do CIF e documentación acreditativa de estar dado de alta e ao corrente no pago do imposto de actividades económicas (ou no censo de obrigadas autorización). No caso das solicitudes da instalación de casetas e barracas, tamén será preciso presentar póliza de seguro de responsabilidade civil e recibo vixente.

No caso de instalación de actividades recreativas / espectáculos públicos con montaxe de estruturas non permanentes adosables, será preciso presentar unha memoria explicativa do tipo de espectáculo/actividade, así como a localización onde se vai levar a cabo. Tamén será preciso ter un proxecto técnico, asinado por un técnico competente así como os certificados de revisión técnica e instalación eléctrica, así como a póliza de seguro de responsabilidade civil.