O delegado territorial da Xunta na Coruña destacou que a posta en marcha de radios en centros educativos é unha ferramenta moi útil para promover o traballo colaborativo
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muiño, participou nun dos programas da “Radio na Biblio” no CPI As Revoltas en Cabana de Bergantiños impulsado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Este programa se inclúe dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas (Plambe) no que está incluido este CPI que ten como obxectivo aportar un apoio extra, por parte da Administración educativa, para a actualización dos fondos bibliotecarios, a renovación do mobiliario e doutros equipamentos necesarios e para a prestación dos servizos da biblioteca
“Radio na Biblio” busca que o alumnado avance na adquisición de competencias internacionais e mediáticas, imprescindibles na sociedad actual. Así mesmo, procúrase estimular o papel las bibliotecas escolares como centros creativos de aprendizaxe. Ademais, búscase ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colorativo na comunidade educativa.
Ovidio Rodeiro apuntou que “a posta en marcha de radios en centros educativos ten demostrado ser unha boa ferramenta para xerar dinámicas de comunicación, de apoio aos proxectos do centro e dos traballos elaborados polos alumnos”.
Este centro tamén ten implantados unha serie de programas como os Contratos-Programa Concretamente, apuntou o representante do goberno autonómico, “os contratos-programa pretenden adaptar as diferentes liñas de traballo para a mellora da calidade educativa, e pretende potenciar de forma prioritaria o desenvolvemento das competencias clave, especialmente a competencia matemática, así como a mellora da convivencia nos centros, a prevención das desigualdades entre mulleres e homes, a prevención do abandono temperán e do absentismo escolar, e o logro da excelencia educativa”. O fin último é lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver ao máximo posible as súas potencialidades e, en definitiva, contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia.
Ademais, este CPI conta con Plan Permanente de Formación do Profesorado que permite deseñar accións formativas destinadas á actualización e ao perfeccionamento das competencias do profesorado, para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares do alumnado.
Ademais, o CPI pertence á rede de centros do Plan Proxecta que é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.
Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.