Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Brión abre as inscricións na excursión dos maiores, que este ano terá como destino Vilanova da Cerveira (Portugal)


 

O Concello de Brión convoca un ano máis a tradicional Excursión dos Maiores, que este ano terá como destino a vila portuguesa de Vilanova da Cerveira o sábado 4 de maio. Como todos os anos, un autobús pasará a recoller ás persoas participantes polas distintas parroquias ás 8:00 horas. Tras almorzar de camiño, a expedición visitará a Feira de Vilanova da Cerveira e xantará no restaurante Quinta do Amorinho, en Viana do Castelo. A volta será por Valença do Minho, con parada na fortaleza.

Nesta excursión poderán participar veciños e veciñas de Brión maiores de 60 anos ou pensionistas maiores de 55 anos, que poderán ser acompañados polos seus cónxuxes ou parellas. O prezo da actividade é de 20 euros por persoa e as inscricións deberán formalizarse na Casa do Concello ou no teléfono 981 887 006 antes do martes 23 de abril.