Saturday 16 de November de 2024

Aberto o prazo para as actividades de conciliación de Semana Santa


 

Terán lugar os días 15, 16, 17 e 22 de abril. As persoas interesadas poderán reservar praza ata o día 12 no mesmo Concello

Ata o 12 de abril o Concello de Ordes terá aberto o prazo para apuntarse nas actividades de conciliación Semana Santa. As datas previstas este ano para o Easter Camp serán os días 15, 16, 17 e 22 de abril nun horario que irá dende as 9 ás 14 horas (poderanse acordar outros horarios en caso de necesidade).

Inglés, xogos, traballos manuais, cancións, música e movemento etc son algunhas das actividades coas que os nenos de nenas escolarizados cuxa idade vaia dende os 3 ata os 12 anos. En moitos casos, ademais, estas desenvolveranse en lingua inglesa.

O prezo total do campamento é de 16 €. As inscricións poderán formalizarse no Departamento de Educación, situado no primeiro andar do Concello. Para solicitar máis información pódese chamar ao 981680002 (extensión 4). Tamén na oficina que a Escola ConTalento, entidade colaboradora do Concello na posta en marcha desta actividade, ten situada na rúa Reconciliación, ou a través do seu teléfono 981697844 ou do correo electrónico ordes@escuelacontalento.es