Friday 22 de November de 2024

34 deportistas e clubs optan aos premios da Gala do Deporte de Noia, na que serán homenaxeados Javier Freijo e José Antelo


 

Os premios serán entregados mañá venres, ás 20:30 horas, no Coliseo Noela nunha gala apadriñada por Ezequiel Mosquera e con actuacións de claqué, jazz e break dance da Escola Dancenter Gala

O Coliseo Noela acollerá mañá venres 29 de marzo, ás 20:30 horas, a Gala do Deporte do Concello de Noia, na que 34 deportistas e clubs deportivos do municipio optan aos 11 premios establecidos, que serán entregados polo alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, e polo concelleiro de Deportes, Ramón Santos Pérez. Unha gala presentada polo xornalista Terio Carrera e apadriñada por Ezequiel Mosquera.

O concelleiro de Deportes, Ramón Santos Pérez explica que “con esta iniciativa queremos recoñecer e distinguir o traballo diario dos e das nosas deportistas e clubs de Noia, aos que agradecemos a colaboración amosada e as súas achegas para esta edición”. Así mesmo, adianta que ademais dos once premios establecidos, “o Concello de Noia fará dúas homenaxes a Javier Freijo, como recoñecemento ao labor que fai colaborando con todos os deportes, e a José Antelo, xogador de baloncesto do UCAM Murcia”.

Os 34 finalistas nas 11 categorías establecidas son (por orde de entrega):
– Mellor deportista de Noia na modalidade de deporte adaptado: Alba Castro Molero, Ramón Andrés Pérez e José Barrio Guldrís. (20:40 h)
– Mellor técnico ou directivo de Noia: Luís Sanmartín, Pablo Carou Varela e José María Salanova
– Mellor equipo masculino: Noia CF, Noia Fútbol Sala e Equipo Senior Tenis de Mesa. (20:53 h)
– Mellor equipo feminino: Voleibol Noia Xuvenil, Pádel Feminino Noia e Equipo Alevín Cross.
– Mellor Club de Noia: Noia Fútbol Sala, Maniotas e ITF Noia.
– Mellor Evento de Noia: Ralli de Noia, Carreira Popular e Torneo F8 de Noia. (21:10 h)
– Mellor promesa masculina: Caetano Horta Pombo, Noel Antelo Pan e Ignacio Remuiñán Lamas.
– Mellor promesa feminina: Andrea Vedela Miguens, Vanessa Boo Ferrer e Antía Blanco Insua.
– Mellor deportista masculina de Noia: Alberto Verea Seijas, Adrián Pombo Romero e David Roo Vilar/Martín Iglesias. (21:37 h)
– Mellor deportista feminino de Noia: Teresa Castro Villaverde, María González e Paula Blanco Pro.
– Recoñecemento a toda unha vida deportiva: Antonio Blanco García “Dache”, Severino Barreiro Pérez e Arturo Rial. (21:50 h)
Os premiados levarán unha insignia do escudo do Concello de Noia, obra do artesán Fernando Gallego. O acto, que durará aproximadamente unha hora e media, contará con tres actuacións musicais a cargo da Escola Datacenter Gala:
– Actuación de claqué “Herman´s Habit”, primeiro premio por unanimidade do xurado na primeira fase da zona norte do Concurso ANAPRODE.
– Actuación de jazz-dance “Human”, primeiro premio con felicitación do xurado e coa máxima puntuación na primeira fase da zona norte do Concurso ANAPRODE.
– Actuación de break dance a cargo de Sergio Perol Bernárdez, campión de Galicia de break dance e profesor na escola.