A viaxe será organizada pola Deputación da Coruña para nenos de toda a provincia
Entre o 6 e o 8 de marzo, polo menos 3 rapaces/ás carraleses, de entre 10 e 14 anos, acudirán á estación invernal de Manzaneda para gozar dun fin de semana de esquí. A viaxe enmárcase dentro do programa da Campaña de Esquí 2015 da Deputación da Coruña, na que nenos/ás da provincia se achegan e coñecen o deporte do esquí durante un fin de semana.
O prezo da viaxe será de 60 €, que inclúen o transporte, estadía e manutención, clases de esquí, monitores, seguros, aluguer do material, forfait, etc. O prazo de inscrición nas dependencias municipais remata o próximo 19 de decembro ás 14.00 h, e de superarse as 3 prazas que a Deputación adxudicou ao municipio de Carral, realizarase un sorteo público que tería lugar o próximo 22 de decembro, ás 9.00 h no salón de plenos do Concello.
Para todos aqueles interesados, poden informarse na Casa da Cultura de Carral, no 981.67.25.80 ou en deportes@concellocarral.com.