Thursday 21 de November de 2024

Carral envórcase co xadrez na XIII edición do torneo de Nadal


A concellaría de deportes espera uns 50 inscritos para o torneo do 20 de decembro

Dentro da programación deportiva do Nadal, o Concello de Carral, organizará este sábado 20 de decembro o “XIII Torneo de Xadrez de Nadal”. Coa súa 13ª edición, esta competición xadrecística está consolidada xa como un clásico dentro da programación de Nadal do Concello de Carral.

Na anterior edición foron 39 os inscritos de toda a bisbarra; Carral, A Coruña, Cambre, Arteixo, Ordes, etc., destacando como dato importante o alto número de nenos que tomaron parte neste evento deportivo, e que agardamos repetir ou superar nesta 13ª edición.

O torneo, que se disputará na casa da Cultura de Carral, constará de 7 roldas, en partidas rápidas de 10 min.+2 segundos de cadencia por xogador, divididos en 4 categorías (sub-10, sub-14, sub-16 e absoluto). Comezará ás 16.30 h e finalizará arredor das 20.00 h, momento no que terá lugar a entrega de premios aos finalistas de cada categoría.

O obxectivo fundamental que se marca o goberno municipal coa realización deste evento deportivo é o fomento do deporte entre toda a poboación, e máis concretamente un deporte tan “minoritario” como é o xadrez.

Para todos aqueles interesados en participar, o prazo de inscrición rematará o próximo 19 de decembro, e poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, ou no teléfono 981 672 580 ou no correo electrónico deportes@concellocarral.com.