Friday 22 de November de 2024

O Premio Nobel Mario Vargas Llosa percorre un tramo do Camiño Inglés ao seu paso por Culleredo


 

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañou esta tarde ao Premio Nobel de Literatura Mario Vargas Llosa no percorrido que realizou dun tramo do Camiño Inglés ao seu paso pola localidade de Culleredo. Na andaina tamén participou o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde.

O escritor, que recibiu de mans do conselleiro un exemplar do Códice Calixtino, interesouse pola tradición xacobea e polo vindeiro Ano Santo, que situará a Galicia no mapa mundial das peregrinacións e do turismo no 2021. Neste sentido, Vargas Llosa puido coñecer da man do titular de Cultura e Turismo autonómico a historia do Camiño de Santiago que percorren milleiros de persoas procedentes de preto de 180 países do mundo, destacando o carácter universal e a tradición acolledora de Galicia así como o seu sobranceiro valor cultural.